Skip to main content

 

21615ff211c60b43d866a2b2bca320da_xl

 

OBXETIVO DO PROXECTO

Para esta tempada, a Federación  Galega dede Piragüismo, propón a 2º edición da Regata Rias Baixas nun recorrido dentro da Ría de Pontevedra, en concreto na sua desembocadura do río Lérez.

ORGANIZACION

A organización  e execución da competición  correrá a cargo da  Federación Galega de Piragüismo.

PATROCINIO

O patrocinio sera obra da Excelentísima Diputación de Pontevedra.

LUGAR, DATA E HORA

Sábado 17 de Decembro a partir 16:00h dende a Praia fluvial do Lerez.

PARTICIPACION

Estará aberta a todo-los clubs de Galicia que cumpran os requisitos estabrecidos asi coma as normas aprobadas pola asamblea da F.G.P. sobre afiliacións a clubes e deportistas da tempada 2016.

Os clubes de fora de Galicia que desexen participar nesta competición da liga terán dereito a sua medalla ou trofeo no caso de que lle corresponda pola sua clasificación na mesma, pero non terán dereito a premio económico.

INSCRIPCIONS

Cada clube poderá inscribir, de forma ilimitada, o número de equipos, por modalidade e categoría, que considere oportuno, sempre e cando cumplan a normativa establecida no presente regulamento e nos outros regulamentos que lles afecten.

Serán feitas nos prazos estabrecidos á través da páxina web da Federación Galega de Piragüismo, www.fegapi.org coas claves entregadas ao efecto a cada club.

De maneira extraordinaria se podrá realizar inscripcións conxuntas con participantes de diferentes clubes, pero estes equipos non puntuaran, e so, teran dereito a percibir a medalla ou trofeo. Non optaran para a aportación económica dos clubes. Estas inscripcións extraordinarias se enviaran nun escrito a maiores da inscripción da paxina web, ben por fax ou correo electrónico.

CATEGORÍAS E EMBARCACIONS

DATA REGATA CATEGORÍAS E EMBARCACIONS
Sabado 17 de Decembro II Trofeo Rias Baixas 2016 K-4 home e muller absoluto, junior,cadete

C-4 home e muller absoluta, junior,cadete

 

DISTANCIA, ORDEN E HORARIO DE SAIDAS E DISTIBUCIÓN DO PERCORRIDO

O  orden e  horario definitivo  de  saidas,  será  publicado  aos clubes  antes  da competición, e a traves da páxina web o viernes día 16 durante a mañá.

Saídas e horario.

As saídas serán de terra , no formato tradicional do Trofeo Princesa de Asturias.

16:00h K-4 absoluto—16:05h C-4 absoluto e K-4 muller absoluta.

17:15h K-4 home cadete e junior- 17:20h todos os C-4 e mulleres k-4

Distancia.

A distancia total da proba será 12.000 metros para todas as categorías

Distribución do recorrido.

recorrido

TROFEOS  E MEDALLAS

Serán entregados, en cada unha das probas das diferentes modalidades os trofeos a:

Os tres (3) primeiros equipos de cada modalidade e categoría establecidas no presente reglamento.

Trofeos os tres (3) primeiros clubes clasificados.

c)Premios en metálico a clubes ( Anexo 1)

Para a recepción do trofeo precisase a presencia física dos galardonados (clubes e equipos) que deberán personarse coa uniformidade debida no momento e lugar establecido pola organización . No caso de forza maior, poderá ser recollido por outro membro do club, coa autorización do XuizÁrbitro.

A NON PRESENCIA DOS GALARDONADOS NO LUGAR DE ENTREGA DE TROFEOS A RECOLLELO MESMO A HORA INDICADA POLA ORGANIZACIÓN, E CAUSA DE DESCALIFICACIÓN A TODOLOS EFECTOS, ASÍ COMO A PERDA DE PUNTOS O CLUB O QUE PERTENZA NESA REGATA.

A entrega realizarase, unha vez comunicados os resultados oficiais.

Os deportistas premiados, deberán estar cinco minutos antes da entrega de premios as instruccións do organizador, nun espazo habilitado ao efecto para eles.

CAMPEONS

Será proclamado Campeón, a nivel de clubes, o que maior número de puntos acade tras sumar os obtidos polos equipos do seu club que entren control

ANEXO 1. REPARTO DE PREMIOS

Clubes

Premios a clubes por clasificación (4000€)

1º club……500€ ,….2º club 450€……3ºclub 350€……4º,5º, 6 club 250€…….

7º,8º,9º club 250€……10º,11º,12º club 200€……13º,14º,15º,16º,17º,18º,19º,20º club 100

INFORMACION

Para maior información desta proba, os interesados poderán dirixirse a Federación Galega de Piragüismo ( C/ GAVIAN S.N VERDUCIDO, 36151 Pontevedra),

Tfnos de contacto: 986842106 e 986896537, fax  986851108  a través do e-mail: kayak-canoa@fegapi.org  e da páxina web www.fegapi.org