Skip to main content

CONVOCATORIA DE CURSO DE SEGURIDADE.

Tras a reunión mantida para marcar os criterios que deben cumplir as bases adheridas a rede de bases “BasesKDM” e “Senderos de Agua”, informouse as mesmas da necesidade de contar con un PLAN DE SEGURIDADE.

Dende a F.G.P. convocase un Curso de Seguridade, onde se explicará as nocións básicas para a creación dun Plan de Seguridade para cada base. Tamén se darán nocións sobre autoprotección da base e os seus operarios, para estar ben cubertos no caso de que se produzca algún incidente nas actividades da base.

Para este curso (de aproximadamente hora e media) acordouse poñer dúas datas, para facilitar a asistencia dos representantes de tódalas bases, é OBRIGATORIO que acuda a este curso, polo menos, un representante de cada base (directivo, responsable da actividade, etc).

Datas do curso:

–          Sábado 10 de xuño a partires das 11,00 h.

–          Luns 12 de xuño a partires das 19,00 h.

Para asistir a este curso é necesaria a inscrición previa e abonar unha cuota de 10€ na conta da F.G.P. ES4820805401563040116335

Os interesados deberán cubrir a folla de inscrición e envíala a FGP, onde se indique a data na que asistirán o curso (das dúas propostas); ademáis de achegar o xustificante de abono da cuota.

A Federación Galega de Piragüismo fará entrega dun Diploma de Asistencia, as persoas que acudan a este curso.

CHAMAMENTO A CLUBS,TÉCNICOS, DEPORTISTAS, ETC.

Dende a F.G.P. consideramos que este Curso de Seguridade e moi interesante para os nosos clubs e para o mundo do piragüismo en xeral.

Por eso facemos un chamamento a clubs, técnicos, deportistas, etc; para que os que estén interesados acudan de forma voluntaria a este curso; para o que deberán cubrir a folla de inscrición e abonar a cuota de asitencia.

FOLLA DE INSCRIPCIÓN