Skip to main content

Desde a Federación Galega de Piragüismo queremos expresar a nosa máis absoluta condena ante calquera acto de violencia no deporte. Conmoveunos profundamente o falecemento de Andrés Rico tras o lamentable suceso ocorrido nun partido de balonmán en Sanxenxo. Enviamos o noso máis sincero pésame á súa familia, amigos e a toda a comunidade deportiva afectada por esta traxedia.

O deporte debe ser sempre un espazo de respecto, convivencia e superación, nunca un escenario de violencia. Feitos como este son absolutamente inaceptables e débennos facer reflexionar sobre a importancia de fomentar valores como o respecto e a tolerancia en todos os ámbitos da competición deportiva.

A perda de Andrés Rico recórdanos que nunca debemos baixar a garda ante a violencia no deporte. Debemos actuar con firmeza para que algo así non volva ocorrer. O xogo limpo, o respecto e a educación en valores deben ser piares inquebrantables na nosa comunidade deportiva.

En memoria de Andrés Rico e en defensa dun deporte sen violencia, sigamos traballando unidos para erradicar calquera forma de agresión nas nosas instalacións e competicións.

Federación Galega de Piragüismo