Skip to main content

A Federación Galega de Piragüismo informa de que xa está aberto o prazo para que clubs, concellos e demais entidades interesadas presenten a súa solicitude para organizar competicións oficiais e amigables durante a tempada 2026. As peticións deberán remitirse antes do 31 de decembro de 2025, empregando o impreso oficial habilitado pola FGP.

As entidades deberán cumprir os requisitos recollidos no documento regulador, que inclúe aspectos como servizos médicos, permisos administrativos, material necesario, instalacións mínimas e obrigas organizativas. Tamén se especifican os cánones de cada tipo de competición, publicados na táboa oficial, así como as condicións particulares para probas amigas e ligas provinciais.

Máis información:

Descargar información completa

Descargar impreso de solicitud

Descargar borrador calendario Noviembre 2025