Centro de Alto Desenvolvemento Jesús Morlán
O Centro de Alto Desenvolvemento Jesús Morlán acolle os ciclos formativos oficiais de ensinanzas deportivas de piragüismo, que habilitan para o exercicio profesional como técnico nas modalidades de augas tranquilas, augas bravas e piragüismo recreativo. Trátase dunha oferta formativa oficial, recoñecida a nivel estatal, que combina contidos teóricos e prácticos para garantir unha formación técnica de calidade adaptada ás necesidades reais do piragüismo galego.
Nesta páxina atoparás a información de cada ciclo para o curso 2026-2027, incluíndo módulos, duración e saídas profesionais, os requisitos e documentación das probas de acceso para quen non conte coa titulación académica esixida, e as resolucións e normativa oficial que regulan estas ensinanzas a nivel autonómico e estatal.
Estas ensinanzas están dirixidas tanto a persoas que desexan iniciarse profesionalmente no ámbito técnico do piragüismo, como a monitores e técnicos xa en activo que queiran oficializar e ampliar a súa formación. O centro conta con instalacións e contornas adecuadas para o desenvolvemento práctico das distintas modalidades incluídas nos ciclos.
Para dúbidas sobre matrícula, requisitos de acceso ou calquera outro aspecto relacionado coa oferta formativa, escríbenos a kayak-canoa@fegapi.org.












