Federación Galega de Piragüismo · Tempada 2026

Calendario de competicións

Novo calendario interactivo: axúdanos a melloralo. Ata agora o calendario só se podía consultar descargando o PDF actualizado. Agora podes filtralo por modalidade, velo por meses e comprobar que competicións coinciden na mesma data. Estamos probando esta nova ferramenta: se tes unha suxestión para mellorala ou atopas algún erro, escríbenos a prensa@fegapi.org co asunto «Calendario web».

Franxa e etiqueta «Coincide»: hai outra competición na mesma data, sexa da modalidade que sexa, porque moitos clubs compiten á vez en pista, ríos, caiac de mar e dragón. As anuladas non contan.

Fonte: Calendario FGP 2026. As datas e sedes poden cambiar; consulta as circulares de cada competición.