Centros de tecnificación Fegapi

 

A Federación Galega de Piragüismo xestiona tres centros de formación e tecnificación deportiva que constitúen a base do rendemento do piragüismo galego. Neles conviven a formación académica, o adestramento diario dirixido e o apoio médico e nutricional que necesita un deportista en idade de crecemento.

O Centro Deportivo David Cal, no encoro do Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra), é a sede da Federación e o principal centro de tecnificación en augas tranquilas. O Centro de Alto Desenvolvemento Jesús Morlán acolle os ciclos formativos de grao medio e superior en ensinanzas deportivas de piragüismo, que habilitan para o exercicio profesional como técnico. E a Escola de Piragüismo de Lugo desenvolve o programa de tecnificación no norte de Galicia.

O acceso aos programas de tecnificación realízase mediante convocatoria pública anual. As solicitudes recibidas, os criterios de selección e os listados provisionais e definitivos publicánse nesta web e comunicánse aos clubs. Se es deportista ou familiar e queres información sobre os requisitos de acceso, ponte en contacto coa Federación no 986 84 21 06 ou en kayak-canoa@fegapi.org.