Calendario de competicións

 

O calendario oficial da Federación Galega de Piragüismo recolle todas as competicións autonómicas da tempada, ordenadas por data e por modalidade, xunto coas probas de ámbito estatal nas que participa a selección galega e os circuítos provinciais organizados coas deputacións.

O calendario inclúe, para cada proba, a data, a sede, a modalidade e as categorías convocadas. Publicáse antes do inicio da tempada e actualízase cando se producen modificacións por causas meteorolóxicas, técnicas ou de dispoñibilidade das instalacións. As modificacións comunicánse aos clubs e publicánse no apartado de avisos e circulares.

Cada competición conta cunha convocatoria propia que se publica nos días previos e que detalla os horarios definitivos, a orde de saídas, as inscricións admitidas e as instrucións de acceso á sede. Consulta sempre a convocatoria específica antes de desprazarte.

A inscrición nas competicións realízase a través do club e require licenza federativa en vigor.

14/09/2026 18:47:32
CALENDARIO FEGAPI 2026 (09-09-2026)