Únete a O Noso Club

O Noso Club é o programa da Federación Galega de Piragüismo pensado para quen quere iniciarse no piragüismo sen pertencer previamente a ningún club. Non hai que ter experiencia, nin material propio, nin unha forma física determinada: só ganas de subir a unha piragua.

Que ofrecemos.

Sesións dirixidas por técnicos titulados no encoro do Pontillón de Castro, en Verducido (Pontevedra), nun contorno seguro e con augas tranquilas ideal para a aprendizaxe. Material deportivo incluído: piragua, pa, chaleco salvavidas e todo o equipamento de seguridade. Grupos reducidos organizados por idade e nivel. E cobertura de seguro durante a actividade.

Para quen é.

Para nenas e nenos a partir dos oito anos, para mocidade e para persoas adultas de calquera idade. Non se require experiencia previa, pero si saber nadar.
Traballamos con grupos separados para adultos e para idades escolares.

Que necesitas traer.

Roupa deportiva que poida mollarse, calzado pechado que se poida usar na auga, unha muda completa, toalla, crema solar e auga. Nós encargámonos do
resto.

Como apuntarse.

Consulta os horarios vixentes na táboa desta páxina e escríbenos a kayak-canoa@fegapi.org indicando o teu nome, a idade da persoa interesada e o horario que che encaixa, ou chámanos ao 986 84 21 06 de luns a venres de 9:00 a 14:30. Confirmarémosche a praza e as condicións de inscrición.

Se prefires practicar preto da túa casa, na nosa sección de clubs atoparás os clubs galegos de piragüismo repartidos por toda Galicia, moitos deles con escola de iniciación propia.

10/09/2026 13:00:14
HORARIOS O NOSO CLUB