A Federación Galega de Piragüismo está a recoller a localización das zonas onde os clubs adestran e compiten no mar, para trasladala ao Ministerio a través da Real Federación Española de Piragüismo e que se teñan en conta nos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM).
Como facelo
- Abre a aplicación co botón de abaixo.
- Escolle o teu club e escribe o código de acceso que vos facilitou a Federación.
- Completa os datos de contacto e o enderezo do club.
- Marca no mapa a zona ou zonas onde practicades piragüismo, seguindo as indicacións da propia aplicación.
- Envía. Os datos chegan directamente á Federación.
Se o teu club non ten o código de acceso, solicítao á Federación.











